O galeón de Vigo case rematado


Como podedes ver nas fotos a E.O. Mar de Vigo segue a traballar no seu galeón. Xa está o mastro no sitio e as velas están probadas.
Os alumnos da especialidade de Actividades náuticas son os encargados da colocación do mastro (previamente preparado polos alumnos de Carpintería de ribeira) asi como enxarcias, obenques, etc. Nas súas mans está a construción dos ferraxes necesarios e, por suposto, das velas.
Xa falta menos para a botadura.


Etiquetas