O galeón Punta Pragueira seriamente danado

A primeiros de novembro o galeón Punta Pragueira soltouse do seu amarre en Lorbé polo temporal e foi encallar en Ares. O barco está seriamente danado, tanto na quilla como nos costados. No blog dos Patexeiros tendes unha crónica completa do estado do galeón, e do sucedido co barco desde que soltou o amarre ata que foi levado ao taller de Pepe en Lorbe despois de ser rescatado dunha furna en Ares.

O Punta Pragueira, propiedade dos Amigos das Embarcacións Tradicionais da Coruña é un galeón que estivo representando a Galicia en Brest 2008 e que é habitual de todos os Encontros. Queremos enviarlles o noso apoio aos Amigos das Embarcacións Tradicionais da Coruña, nestes duros momentos.

O traballo de moitos anos, o esforzo económico constante, o amor posto nun barco deste tipo pode desaparecer en minutos. O sucedido ven confirmar, tristemente, a necesidade de atraques seguros para os barcos tradicionais a prezos asumibles polos armadores.

Etiquetas