O Hidria en situación crítica

Nestes momentos o Hidria pasa por unha situación crítica. Segundo informan no seu facebook, a empresa coa que tiñan un trato para facer charters na zona do Estreito non respeta o falado o que obrigou aos armadores a botar ao paro á tripulación. Económicamente a situación é insostible, ata o punto de non poder pagar os gastos de atraque e verse abocados a utilizar un fondeo.

Como xa dixemos anteriormente, o Hidria marchou de Galicia para a Linea de la Concepción, onde tiña previsto facer traballos de charter. A marcha de Galicia viña imposta pola imposibilidade de traballar cun atraque legal, ademáis do problema xurdido co programa de Portos Xacobeos, ao cancelar a presencia do Hidria no programa 6 días antes de iniciarse e cando a campaña de verán estaba avanzada.

Neste momento os armadores están a buscar solucións viables para poder traballar. A volta a Galicia non é unha solución porque non están garantizadas nin as condicións para poder traballar nin a carga de traballo mínima que permita soster o barco.

Desde o foro de La Tabera del Puerto estase chamando á xente na zona do Estreito a axudar no posible aos armadores e xa hai xente movilizándose para botar unha man.

(Foto de Txema Prada)

Etiquetas

8 cometarios sobre “O Hidria en situación crítica

    1. Como a prensa non quere publicar o que nos pasa solo nos queda dar a empresa de baixa, intentar que nos aplacen os créditos e pedirlle cartos a alguén para poder subsistir. Solo pedimos un pantalán propio para poder desarrollar o noso traballo legalmente pagando as taxas oportunas. Pero esto parece que tampouco podemos conseguilo. Hoxe falei co cónsul que nos axudou nun principio e pode que esten interesados en Noruega na compra do barco. A veces hai que rendirse.

      1. Hoxe xoves:
        – La voz de Galicia,edición general, contraportada
        – Faro de Vigo Edición Arousa a páxina 16 enteira dedicada ao Hidria

  1. Na prensa intentaremos que salga, pero cando a noticia e contra o goberno en Galicia é difícil publicala. Esta tarde saimos en España directo, non sei si servirá para algo. Non pensamos nunca que traballar resultase tan difícil. Un saudo. Xacobe e Sesé.

    1. No faro de Vigo edición Arousa xa cubriron o tema en duas ocasións, polo menos.
      E en Xornal.com sairon en páxinas 2 e 3 o domingo que rematou o encontro de combarro

Comments are closed.