O Hidria xa ten o 40% do que precisa para volver a Galicia

Os donativos xa chegan a 2440 euros, o 40% dos 6000 precisos. Quedan 35 días para conseguir o resto. Lembrámosvos que pode apoiarse ao Hidria directamente a través da páxina Lanzanos.com, e que para aqueles que non poidan usar este método a FGCMF ten aberta a conta 2080 5414 61 3040112023 onde se pode facer un ingreso indicando no concepto “Apoio Hidria” e logo enviar un correo a fgcmf@culturamaritima.org confirmando o ingreso para así ter un medio de contacto con esa persoa.

A FGCMF comprométese a transferir os ingresos a través de lánzanos.com ao Hidria, e caso de que non se acadasen os 6000 euros a devolver eses ingresos aos doadores. Por suposto os ingresos constarán a nome dos doadores excepto que a persoa indique explicitamente o contrario.

Etiquetas