O Ibsa I en Noruega

Co seu nome orixinal de Southern Actor o Ibsa I, barco baleeiro de Massó, está en Sandefjord (Noruega), formando parte do Museo da pesca da balea como o único baleeiro totalmente operativo (aínda que obviamente sen cazar baleas) da súa clase no mundo.
O Ibsa I fora afundido en Marín por unha bomba en 1980, reflotado e logo vendido para chatarra en 1989, pero un grupo de antigos traballadores da balea de Sandefjord levárono a Noruega e restaurárono totalmente, facendo que siga a navegar coa súa máquina de vapor de triple expansión. Hoxe é un elemento moi importante do patrimonio marítimo noruegués.
Nesta noticia de La Voz de Galicia hai máis datos sobre a vida do Ibsa I

(Imaxe Lardex.net)

Etiquetas

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *