O Joaquín Vieta volve á vida


Está a nacer a Asociación Joaquín Vieta en Noia, co obxectivo de recuperar o balandro do mesmo nome.
Este balandro de dous paus, primeiro muradán e logo noiés, que foi construido en 1916 no Freixo, moi reformado en 1952 (aumentouse a eslora e manga, e deixouselle un so pau), adicábase ao cabotaxe, principalmente na “Carreira de Vigo” e rematou os seús días de traballo como auxiliar de batea.
Arriba podedes ver unha foto do Vieta nunha das súas primeiras viaxes. Para saber máis do Joaquín Vieta podedes ler o libro Derrota e singraduras do Joaquín Vieta, de Xosé Agrelo Hermo (de onde sacamos a fotografía), e seguir as informacións sobre a recuperación en Singradura da relinga, de onde tomamos a noticia.
Desexamoslle bos ventos ás persoas que decidiron que o Vieta non acabe apodrecendo como moitos outros