O llaut Sant Ramón de invernada


Nestes meses de inverno o Centre d’ Estudis Nàutics de Vilassar de Mar está a facer o mantenemento do seu llaut quillat, o Sant Ramón.
Bricbarca, o nome do Centro, é unha entidade que traballa para recuperar a cultura mariñeira do Maresme, e mais específicamente da vila onde ten a súa sede.
O Sant Ramón é o seu buque insignia. Con 16 metros de eslora, foi construido en 1904, restaurado durante os anos 2002-2004, e hoxe está nunhas magníficas condicións.
Bricbarca manten un completo web onde se pode conseguir mais información do Sant Ramón, ademais dun blog creado especificamente para que se poida seguir en imaxes as súas actividades.

Etiquetas