O Mar e a Memoria. 80 aniversario do porto de Malpica

Malpica celebra o aniversario do seu porto cunha exposición de fotografía antiga, comisariada por Xurxo Alfeirán, e a presentación do libro O mar e a Memoria: o expediente Armesto de Francisco Xavier Redondo Abal e que trata o sucedido en Malpica en 1937/1938.

No tempo antes da guerra civil a presenza dos sindicatos no mar era moi ampla, non como agora, e a situación na vila fíxose moi tensa ata o punto de que tres motoras escaparon nunha viaxe sen escalas ata Francia. En 1937 marchou o Montevideo con 11 homes, 12 metros de eslora e un motor de 20 cv, en 1938 o San Adrian con 26 homes e un motor de 20 cv e un mes despois o Rocio con 29 homes. Parte dos homes que as tripulaban acabarían en América a bordo do Winnipeg, e finalmente recalarían en Chimbote, no Perú, onde se estableceron e formaron unha importante colonia dedicada á pesca.

(Vía Que pasa na costa)

Etiquetas