O mar no IX Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra


O IX Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra abre as súas portas o vindeiro día 27 de xaneiro. Este ano o tema do salón é o mar.
No seu web atoparedes unha completísima información sobre as actividades previstas. Moitas delas orientadas ao público adulto. Destacamos a proxección de filmes como Acoirazado Potenkim (o día 24, ás 20:30h), A mariñeira, Santa Liberdade, De profundis, Balseros, etc.
Tamén no seu web hai unha bibliografía recomendada para as escolas tanto de primaria como secundaria, que sempre pode ser de utilidade a hora escoller un libro para un rapaz.

Etiquetas