O Ministerio de Fomento fará o viaducto do tren sobre a enseada da Malata

No BOE do pasado día 2 de xaneiro aparece o anuncio de aprobación do expediente de información pública do “Estudio Informativo de Accesos Ferroviarios a las obras de ampliación del Puerto de Ferrol (Puerto Exterior) en Cabo Prioriño Chico” no que formalmente se opta pola opción sur.

Os veciños opóñense a este proxecto porque vai supoñer antes de nada a imposibilidade da navegación na zona para barcos maiores que unha planeadora e é moi posible que provoque a colmatación da enseada e que finalmente remate nun recheo.

Este tema xa foi recollido aquí anteriormente e aparece tamén no Diario de Ferrol, La Voz de Galicia e Praza Pública

(Imaxe A Malata en 2001)

Etiquetas

Un comentario sobre “O Ministerio de Fomento fará o viaducto do tren sobre a enseada da Malata

  1. Que desgraça ter tanto dinheiro, Ferrol sem depuradora e mais cemento à ria. Feira de mostras, ampliaçom de Astano, estádio do Racing, Reganosa, porto exterior, porto carboeiro, e agora isto. Tanta desfeita para um porto exterior sem actividade…

Comments are closed.