O movemento Nunca Máis explica o fenómeno mediático e social do Prestige

O Museo do Mar de Galicia continuará mañá, xoves 24 ás 20.00 horas, o ciclo de conferencias “Prestige, así están as cousas tres anos despois”, que desta volta contará coa presencia da xornalista Zelia García, responsable de prensa do movemento Nunca Máis, xurdido como resposta civil ante a desconexión que se produciu entre a cidadanía e as Administracións Públicas, e que falará do impacto mediático e do drama vivido por moitas familias coa conferencia “A marea de resposta social. Unha ollada ó movemento tres anos despois”.

Etiquetas