O mundo antigo no Museo Massó e a romanización en Bueu. Libro

O vindeiro venres 15 de maio ás 20:30 h vaise presentar no Museo Massó o libro O mundo antigo no Museo Massó e a romanización en Bueu. Este libro está editado polo Museo para dar a coñecer as conclusións da escavación arqueolóxica realizada no depósito romano de Pescadoira na que foron atopados os restos dunha factoría de salgadura, un obradoiro de ánforas e unha vila. Na presentación estará Fructuoso Díaz, autor do libro e director da excavación de Pescadoira.

Etiquetas

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *