O Museo do Mar de Galicia busca pezas

O Museo do Mar ultima a súa colección permanente, e está á procura de materiais. Especificamente precisa:

  • Trebellos de marisqueo algo usados, como por
    exemplo un enciño, un cavador, etc.
  • Trebellos de percebeiro: calquera que estea usado, e con certa soleira, sería bo.
  • Unha nasa vella de crustáceos.
  • Dous mortos con corda e boia, canto máis vellos e usados mellor: precisannos con algas e outras bicherías e dunha lonxitude duns 15 m (os mortos máis ben pequenos)
  • 6 m de cadea enfurruxada

O Museo pode comprar ou cambiar por similares materiais pero novos.
Quen estea interesado pode contactar co Museo no 986 247 750.

Etiquetas