O Museo Massó recibe un barco en doazón

O barco Caneliña acaba de ser cedido ao Museo Massó polo seu armador Julio Pastoriza Riobó. O Caneliña é un barco de popa redonda con base en Bueu, construído en 1977, e que vai ser destinado polo Museo a exposición a flote nun amarre cedido polos Galos dado o seu bo estado de conservacion.
Xunto con este barco chegaron ao Museo máis de 1000 pezas procedentes de diversos particulares, entre elas a máquinaría da fábrica de Calzados Riobó, fabricantes da bota Bueu.
A noticia no Faro de Vigo
(Foto M.M.B.)

Etiquetas