O novo web dos Amigos da Dorna de Portonovo


Acaba de facerse pública a nova versión do web de Amigos da Dorna de Portonovo.

Neste web atoparedes información sobre a asociación, a súa historia e os seus barcos, imaxes das súas actividades, a colección do seu boletín O Cabeso en formato pdf, etc. e xa ten activado o blog da dorna Habana, o barco dun dos socios.

Parabéns a Amigos da Dorna por esta iniciativa, porque como di o seu anuncio da nova web “…continuábamos sendo conscientes de que a web ten o valor engadido de ofrecer unha información accesible de xeito permanente para todos os interesados nas embarcacións tradicionais, que o alcance limitado e o carácter efímero das redes sociais non permite…

Por desgraza son moitas as iniciativas que por estar circunscritas a unha determinada rede social non son vistas por xente que non pertenza a ela e tampouco polos buscadores como Google. Ademais este novo web fai uso de RSS polo que a partir de agora as novidades que nel se difundan aparecerán no noso apartado de Novas dos Colectivos.