O Nuevo Sofía prepara a tempada


Os amigos de Rabandeira, de Vilanova de Arousa, estiveron traballando para poñer como novo ao Nuevo Sofía. Nestas fotos, que nos enviou Jesús Blanco, podedes ver a Luís e ao señor Claudio dándolle os últimos toques á nova pintura do barco, que reduce a cantidade de verde por ser máis acorde coas características dos barcos da zona.
De Rabandeira queren agradecer a axuda prestada polo Porto Deportivo de Vilanova na varada e a Pinturas Proa polo suministro.


Etiquetas