O pantalán de embarcacións tradicionais de Bouzas




Estas instalacións son reservadas e específicas para as embarcacións tradicionais. O pantalán está aberto ao paso de todos aqueles que desexen visitalo, en cada amarre podese encontrar unha ficha explicativa coas caraterísticas e datos técnicos das tipoloxías alí representadas.

O acto de inauguración tivo lugar o sábado 7 de xuño, en el interviron representantes da Autoridade Portuaria, Concello de Vigo, Consellería de Cultura e Deporte, Deputación Provincial e a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial. Todos eles coincidiron en facer un recoñecimento e felicitación a Asociación de Mariñeiros Deportivos e Artesanais San Miguel de Bouzas, promotores e principias responsables desta iniciativa, detrás da que hai máis de 2 anos de traballos e xestións para convertir este proxecto nunha realidade.
Como remate da inuguración botouse ao mar o recén construido “Anguleiro”, embarcación do Miño, representativa das duas ribeiras, a galega e a portuguesa, esta embarcación navega gracias á empresa M+Q Granitos.
Actualización: Dous vídeos do pantalán de da botadura, gracias a Sodináutica.
E outro video da botadura do carocho que nos ofrecen os amigos de Sueste
(Fotos de Lino Prieto)

Etiquetas

4 cometarios sobre “O pantalán de embarcacións tradicionais de Bouzas

  1. fronte ó ventanal da miña oficina vexo o pantalán recén inaugurado e os barcos engalanados, semella unha postal pero é de verdade, unha maravilla, noraboa
    xaquin

    1. pois vai si que tes sorte de poder ver todos os dias esa fermosa estampa .noraboa e ver se van copiando por ferrol e xuntan todas as nosa embarcaccions tamen ben fermosas .un saudo

    2. Ver os mastros deitados cara popa debe poñer alegría na alma. Algo así dixoo Morling en Ribeira, polas dornas que estaban no porto.
      Dentro dun tempo calquera identificará os nosos portos por eses mastros.

      1. Eu tamén quería, que me votasen abaixo ese edificio de 8 ou 10 plantas que fixeron na beira mar e non me deixa ver o mar, os mastros e impide que o mar da ribeira nos chegue a todos.

        un probe urbano desgrasiado.

Comments are closed.