O piloto da “Pinta”. Conferencias sobre Cristobal Garcia Sarmiento.

Os vindeiros días 22 e 23 de Febreiro van ter lugar duas conferencias sobre Cristobal Garcia Sarmiento, o piloto da carabela Pinta, a nave da expedición de Colón que regresou a Baiona anunciando a descuberta dun novo mundo.
O día 22 o profesor Antonio Pita falará sobre as técnicas de navegación empregadas por este piloto e o día 23 o capitán da mercante Alfonso Philippot falará sobre quen e de onde era Sarmiento.
Ambas conferencias serán na Comandacia de Mariña de Baiona, ás 20:30 h, e están organizadas polo Clube Marítimo Marisma da Ramallosa e o Instituto de Estudios Miñoranos.

Etiquetas