O Plan de Ordenación do Litoral (POL) e o Planeamento Municipal en Galicia. Xornada

O vindeiro 18 de novembro vai ter lugar no CEIDA, en Oleiros, unha xornada sobre O Plan de Ordenación do Litoral (POL) e o Planeamento Municipal en Galicia.

O obxectivo da xornada é ofrecer ás administracións locais e aos interesados na ordenación do territorio unha información completa e de calidade sobre as novas directrices do Plan de Ordenación do Litoral de Galicia e as súas implicacións no planeamento municipal dos municipios costeiros.

A entrada é de balde pero é precisa a inscrición previa.