O Platuxa vai para o CIPES do Grove

Os Amigos da Dorna de Portonovo acaban de decidir ceder a propiedade do Platuxa ao Concello do Grove para o CIPES. O Platuxa estaba buscando un novo armador, e o proxecto ofertado polo CIPES foi aceptado pola Asociación xa que é similar ao proxecto orixinal.
A forma da transmisión vai ser estudiada pero en principio intentarase unha cesión do 100% da propiedade, coa única condición de que os Amigos da Dorna se reservan o dereito a recuperar a propiedade en caso de que a xestión do barco pase a mans privadas.

Esperemos que o proxecto poida coller corpo e o barco teña un uso adecuado. Son moitos anos de loita para que o barco non sexa desmantelado e o CIPES pode ser un bo porto base para o Platuxa.

A noticia nos medios:
O CIPES disporá dun barco pesqueiro para realizar actividades didácticas (TodoGrove)
Amigos da Dorna de Portonovo decide ceder el “Platuxa” al Concello de O Grove para incorporarlo al Cipes (Diario de Arousa)
Amigos da Dorna de Portonovo cede el Paltuxa al CIPES de Punta Moreiras (Faro de Vigo)
O Platuxa atraca no CIPES (Concello do Grove)

(Vía Todogrove.com)

Etiquetas