O Raquel C a piques de ir ás pedras

Segundo o Faro de Vigo, o pasado domingo a goleta Raquel C, pertencente a Escola de Vela do Grove, soltouse do fondeo no que está habitualmente e case vai ás pedras na Illa da Toxa debido ao temporal. A rápida reacción dos armadores, e a vital axuda dos veciños evitou un desastre.
Este incidente volve poñer de actualidade a falta de atraques adecuados para os barcos tradicionais, máis específicamente os que se adican a traballos profesionais. O Raquel C ten o seu fondeo fora da dársena de abrigo do porto do Grove.

(Foto Todogrove.com)

Etiquetas