O Santa Isabel. Emigración, traxedia e heroismo. Exposición


 
Está aberta ata o 30 de maio de 2015 no Auditorio Municipal de Ribeira a exposición O Santa Isabel. Emigración, traxedia e heroismo. O Santa Isabel foi un un vapor correo da Compañía Trasatlántica que afundíu na Illa de Sálvora en 1921 e no que morreron 213 persoas, a maioría emigrantes que ian a Cadiz embarcar para Bos Aires, e conseguiron salvarse 56 persoas entre tripulantes e pasaxeiros.
 

 
Este naufraxio tivo moita repercusión na súa época non só pola forte perda de vidas humanas, senón tamén polo protagonismo que catro mulleres tiveron no salvamento dos sobreviventes tripulando unha dorna. Ás chamadas «heroinas de Sálvora» foron condecoradas coa Cruz de Salvamento Maritimo e recibiron multitudinarios homenaxes en varias cidades galegas. Tamén foi destacable a actuación de Luís Cebreiro, segundo oficial do Santa Isabel. A xente da comarca tivo un comportamento exemplar no salvamento e na acollida aos náufragos, desde entón Ribeira ten o título de Moi noble, leal e humanitaria.

A exposición está aberta de luns a venres de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 h e os sábados de 11:00 a 14:00 h.

Máis información:
Exposición: Santa Isabel. Emigración, traxedia e heroismo
Canal Rias Baixas: A exposición do Santa Isabel xa loce no Auditorio de Ribeira
La Voz de Galicia: «La isla de Sálvora tiene mucho peso en la historia de Ribeira»

(Imaxe: O Santa Isabel en 1916. Vida Marítima)

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


The reCAPTCHA verification period has expired. Please reload the page.