O Santa Maria Manuela en probas de mar a vindeira semana


Logo de varios meses na Factoria Naval de Marín en proceso de recuperación o lugre Santa Maria Manuela vai facer as súas probas de mar esta semana que ven.
No seu blog puidemos seguir o seu proceso de volta á vida, e percibir o coidado, o cariño posto polos membros deste maravilloso proxecto para que o SMM volte navegar como cando naceu en 1937.
Parabéns aos amigos portugueses por este magnífico barco, e parabéns por ter unha empresa, Pascoal, que foi quen de ver as posibilidades deste navio e afrontar os riscos que un proxecto coma este ten.

(Foto Mário Marnoto)

Etiquetas