O Santa María Manuela está en Marín


A Factoría Naval de Marín, pola súa experiencia en construción de grandes motoveleiros, foi o estaleiro escollido polos responsables da restauración do Santa María Manuela para rematar os traballos que se iniciaron na Navalria de Aveiro. Os traballos na FNM empezaron o 7 de xaneiro e o prazo previsto é de 9 meses, por tanto o 7 de outubro o barco estará listo para navegar.
No blog do Santa María Manuela podedes ver unha magnífica reportaxe dos traballos de reboque do barco desde Aveiro a Marín feita por Francisco Paião, da que está tomada a fotografía de arriba.

Etiquetas

Un comentario sobre “O Santa María Manuela está en Marín

Comments are closed.