O temporal en Aguete

Así estaba a praia de Aguete o domingo de reis ás 13:45 h. Nas imaxes poden verse a dorna Capitana e o choupán do Grupo Ronsel que aguantaron bastante ben o temporal nos seus fondeos. Foron moitos os pequenos barcos que en toda a costa galega forón ao fondo ou acabaron nas pedras ou nas praias.

As ondas deste temporal ademais de ser considerablemente altas, por ser orixinadas por mar de fondo tiñan un periodo moi amplo, chegando a medirse na zona da Coruña 22/23 segundos, o que explica a enorme enerxía coa que chegaban á costa.

O vídeo foi subido a youtube por Mon López

(Vía Sueste)

Etiquetas