O Tina Husted encalla na Illa de Arousa

Onte o Tina Husted encallou nunhas pedras entre Punta Xastelas, O Bohído e O Galiñeiro, ao lado da Illa de Arousa. Por sorte os tripulantes parece que non sufriron danos, e o barco non fixo vía de auga polo que esperemos que todo quede nun susto.
O Tina Husted é un pesqueiro danés do ano 1947 que ten base en Sada, e baixou a Arousa para participar no X Encontro. Quen estivera en Carril puido velo fondeado fora do porto polo tamaño que ten. Desexámoslle a David e Maca que este incidente quede en nada e poidan desfrutar da ría de Arousa.
Noticia no Faro de Vigo e na Voz de Galicia

(Foto Mónica Irago)

Etiquetas