O vapor Primer Barreras

En Vida Marítima adican un artigo ao vapor Primer Barreras. No artigo non só se fala do vapor senón tamén dos primeiros membros da familia Barreras que iniciaron unha saga que xogou un importante papel na creación do complexo mar-industria galego.
O autor de Vida Marítima agradece calquera axuda para poder completar a información sobre este barco, os seus tripulantes e armadores e o resto da serie de vapores Barreras.
A imaxe de arriba é un cadro do Primer Barreras, tomada a través de Vida Marítima do libro Tempos de Vela, escrito por Ramiro Villoch.

Actualización: acaba de publicarse un artigo en Vida Marítima sobre o Segundo Barreras

Etiquetas