O Vieta comeza os traballos de recuperación.


Hai un ano falabamos da creación dunha asociación para a recuperación do Joaquín Vieta, un balandro de Noia. Mañán, 22 de setembro, inaugúrase a exposición O Patrimonio Marítimo de Galicia no claustro do Concello de Noia, organizada pola asociación Balandro Joaquín Vieta, e que estará aberta ata o 2 de outubro.
A inauguración será ás 20:30 h e os asistentes poderán desfrutar da actuación da tripulación do Joaquín Vieta cantando cancións mariñeiras.
Desta asociación comunícannos que esta semana empezan os traballos de recuperación do Vieta, que xa está no estaleiro onde se van levar a cabo, e contan con ter o traballo rematado antes do vindeiro IX Encontro, o verán que ven.

Etiquetas