O “Vitrasita”

Este vehículo foi construido no Porto de Vigo e usábase para transportar acetileno ata os faros que dependían da Junta de Obras del Puerto de Vigo. Na foto de abaixo pode verse baixando desde o faro de Cies. Parece que se usou o seat 600D como base para conseguir unha pequena camioneta capáz de subir os 178 metos de altura que ten o faro de Cies. O “vitrasita” acaba de ser restaurado e foi depositado nas dependencias do Arquivo do Porto de Vigo.

O Arquivo do Porto de Vigo mantén unha interesante páxina en Facebook onde vai dando conta dos seus traballos e das noticias relacionadas coa súa actividade. Entre outras cousas podemos atopar Efemérides, unha serie de publicación mensual sobre aspectos relevantes da historia do porto de Vigo. O último número destas publicacións é o 20 que á súa vez forma parte dunha subserie sobre a vida do enxeñeiro Eduardo Cabello, artífice do porto de Vigo, para conmemorar que en 2013 cumpríronse 100 anos da aprobación do seu anteproxecto do porto que daría orixe ao porto actual.

Actualización: Máis información sobre este vehículo no Faro de Vigo
(Imaxe Arquivo do Porto de Vigo)

Etiquetas

2 cometarios sobre “O “Vitrasita”

  1. Moitísimas grazas polo voso comentario, polo voso interese e pola difusión do noso traballo. Un saúdo.

Comments are closed.