O web do XII Encontro

Xa está activo o web do XII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia. Os contidos están en galego, español e inglés e neste momento xa se poden inscribir barcos para participar no Encontro. Tamén é posible apuntarse como voluntario para traballar na organización do evento.

Polo momento, e dado que o programa ainda non está totalmente pechado non é posible facelo público. Conforme se vaia confirmando irase publicando a información.

No web pódese descargar o número 0 da revista Mareachea, editada pola ACTM Gamela para informar sobre os traballos de preparación do Encontro e sobre o patrimonio marítimo de Cabo da Cruz.

Esta revista foi presentada ao público o pasado venres 21 de novembro no acto de presentación do XII Encontro á veciñanza de Cabo.

Etiquetas

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *