O X Encontro recibe un forte impulso coa colaboración de particulares e entidades culturais

Son moitas as entidades e particulares que prestan a sua colaboración na celebración do X Encontro. Ademais das entidades de Carril e Vilaxoán que participan na organización, outras moitas se suman ó evento. O artista Manuel González Chazo está a traballar na peza que vai servir de agasallo a embarcacións e colaboradores. A empresa de conserva tradicional, Peperetes, dirixida por Suso Lorenzo, vai facer unha edición especial de latas de conserva de berberecho que levará impreso o logo do X Encontro.

Numerosas son tamén as entidades culturais que van colaborar desinteresadamente na animación das rúas de Carril neses días. Xa estan confirmados os grupos musicais Charanga Malveiras (Carril), Pandereteiras da Asociación de Mulleres (Catoira), Coro e Pandereteiras da Asociaciónde Mulleres (Carril), Grupo Musical da Asociación Dorna (Illa de Arousa), Obradoiro de Cultura Tradicional Volandeira (Cambados), Pandereteiras da Asociación de Mulleres (Trabanca Sardiñeira), Danza de Espadas (Carril), Xigantes e Cabezudos (Carril), Grupo Gaitas Airiños (Carril), Pandereteiras Os da Boina (Cespón), Grupo Unión Piñeira (Guillán), Pandereteiras do Gato Negro (Carril), Rondalla do Gato Negro (Carril) e Banda de Gaitas Mar de Arousa (Bamio).

A implicación das entidades culturais crece a medida que se aproxima o día da inauguración do X Encontro. Tamén son moitos os particulares que fan as suas achegas económicas para que o Encontro teña a calidade que merece a posta en valor da cultura marítima.

Etiquetas