Océano. Exposición de Antón Patiño

Mañá martes 16 de setembro vaise inaugurar ás 20:00 h no Museo do Mar de Galicia a exposición «Océano», do pintor Antón Patiño.

A exposición está composta por 18 obras, 12 de elas de gran formato, e representa unha achega á temática vinculada ao mar na súa pintura. En «Océano» poderemos contemplar bloques monográficos con títulos como: «Redes», «Marea Negra», «Inventario de escumas», «Memoria subacuática», «Ollos de boi», «Arquivo da desfeita» (lembrando a traxedia ecolóxica do Prestige). Para o autor máis que unha exposición trátase dunha experiencia de achegamento conceptual ao sentimento oceánico.

A exposición estará aberta ata o 30 de novembro, e a entrada será gratuita ata o domingo 21 de setembro.

A nova no Faro de Vigo

Etiquetas