Océano para terrícolas. Pontedeume


Mañá sábado 18 ás 20 horas no patio da Casa da Cultura de Pontedeume Xurxo Souto vai presentar a perfomance interactiva Océano para terrícolas, baseada no seu libro Contos do mar de Irlanda. Un espectáculo radicalmente interactivo, porque nel o público asistente descubrirá e, inmediatamente, deberá interpretar cancións dos mariñeiros galegos que naceron no Gran Sol e Terranova. Corpus sonoro da Galiza do mar que, por fin, comeza a arribar a porto.

Este evento forma parte dos actos organizados polo Colectivo Terra co gallo da Festa da Patria, xunto coa presenza de Celso Sanmartín e o grupo Os Tres Trebóns. Haberá tamén grellada popular. A entrada é gratuita pero convén apuntarse en colectivoterra@gmail.com para facilitar o traballo da organización.

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


The reCAPTCHA verification period has expired. Please reload the page.