Oceanus. Festival dos mares

A cidade da Coruña acollerá os próximos días 26, 27, 28 e 29 de xuño a celebración de OCEANUS 2008 Festival dos Mares. O Consorcio de Turismo do Concello da Coruña promove o evento, que se realiza dentro dos actos do 800 Aniversario da cidade.
Durante catro días A Coruña presenta un conxunto de actividades e accións relacionadas coa temática dos Mares e Océanos, sempre baixo un prisma cultural, pedagóxico e de lecer. Estas actividades cativarán diferentes tipos de público, desde os maiores até os máis pequenos, incluíndo actividades orientadas aos colectivos de discapacitados. O compoñente social de sensibilización dos cidadáns ante os actuais problemas do noso planeta é tamén un dos obxectivos fundamentais de OCEANUS.
Neste Festival participa a Asociación de Amigos das Embarcacións Tradicionais de Galicia da Coruña, que aportará entre outras cousas unha buceta e un bote de Sada.

Etiquetas