Ofrécese bateeiro para galeón

O propietario do Jose Manuel, un barco da batea do Grove, ofrece o seu barco a quen estea interesado en transformalo nun galéon. O Jose Manuel naceu xa como barco da batea, pero ao ser dos primeiros construídos logo de que se aproveitaran os vellos galeóns as súas liñas de auga son moi similares.

O barco cunha eslora de 12 metros e 4 de manga, ten revisión pasada ata 2014 e motor en bo estado. Ainda que o propietario cede o barco pide algunha compensación polo motor, polo que os interesados deberán negociar o prezo.

Quen queira máis datos deste barco pode escribirnos ao correo fgcmf@culturamaritima.org e poñerémolo en contacto co armador.

Etiquetas