Onde se vive o mar. Mostra de embarcacións tradicionais





Do 5 ao 12 de outubro está tendo lugar en Pedras Negras, O Grove, unha mostra de máis de 20 embarcacións tradicionais de Galicia e Portugal.
Está organizada polo C.N.San Vicente, a FGCMF, a Asociación Galega de Carpintería de Ribeira, e o Concello do Grove.
Os próximos actos son:
10 e 11 de outubro
I Xornadas de Traballo da Asociación Galega de Carpintería de Ribeira. “Un Mar de Madeira”
Do 4 ao 12 de outubro
Exposicións de Enrique Conde, Blanca Marcos e Roi Vázquez.

Esta Mostra é unha oportunidade de ver unha grande variedade de barcos, pero ademais poderedes ver tipoloxías que non se ven facilmente como a Esperanza Liberdade, gamela de Cabo de Cruz, ou o Canote do Fao, barco do norte de Portugal.

Coincide en datas coa Festa do Marisco, e o Concello do Grove disporá un servizo de autobús cada hora que una o recinto da Festa, o CIPES, e Pedras Negras.

Etiquetas

9 cometarios sobre “Onde se vive o mar. Mostra de embarcacións tradicionais

  1. Libro de Lino Prieto
    O día 5, ás 12, no salón do Club Náutico de San vicente, F. Fernández Rei presentará o libro de Lino Prieto “Onde se vive o Mar. Pequena Guía de Embarcacións”. Será nun acto público antes da inauguración da Mostra e despois de que, o día anterior, se celebrase a Xuntanza Blogueir@

  2. Alí estaremos nos, a sección de vela tradicional
    do club do mar Ferrol, pra amosarvos unha media
    construción chamada “O Carabullo”, típica da nosa ria.
    Esperamos dela vos momentos pola ria, na que
    naceu, xa con soleira, xa que foi parida a idea
    durante os VIII encontros, e as súas formas viron a
    luz, entre vergas e velas, recordo doutros tempos.
    O sábado o teredes no Grove pra mostra, e
    mentres tanto queden as imaxes pra ir facendo boca.
    Unha aperta.[img_assist|nid=7642|title=|desc=|link=popup|align=left|width=100|height=67][img_assist|nid=7643|title=|desc=|link=popup|align=left|width=100|height=67][img_assist|nid=7644|title=|desc=|link=popup|align=left|width=100|height=67][img_assist|nid=7645|title=|desc=|link=popup|align=left|width=67|height=100][img_assist|nid=7646|title=|desc=|link=popup|align=left|width=100|height=67][img_assist|nid=7647|title=|desc=|link=popup|align=left|width=100|height=67][img_assist|nid=7648|title=|desc=|link=popup|align=left|width=100|height=67][img_assist|nid=7649|title=|desc=|link=popup|align=left|width=100|height=67][img_assist|nid=7650|title=|desc=|link=popup|align=left|width=100|height=67]

  3. Embarcacións que estarán presentes -Falta algunha por confirmar-. Creo que será a Exposición máis importante destas característcias e neste eido feita nunca ata hoxe

    Denominación Orixe Aporta
    Bote de Ribadeo Ría de Ribadeo Mariñeiros de Bouzas
    Carocho Río Miño Mariñeiros de Bouzas
    Bote de Cesantes Ría de Vigo Mariñeiros de Bouzas
    Gamela Coruxeira Coruxo Gameleiros Breadouro
    Gamela Guardesa A Garda Asoc. Sodinautica
    Gamela Cabo de Cruz Cabo de Cruz Asoc. Gamela
    Bote Polbeiro Bueu Asoc. Os Galos
    Bote de Muros-Fisterra Fisterra-Muros ACD. Dorna
    Trainera Xeral Asoc. Os Galos
    Buceta Muros-Noia-Norte ACD. Dorna
    Dorna de Tope Arousa ACD. Dorna
    Dorna Xeiteira Arousa-Pontevedra AD. Portonovo
    Dorna Polbeira Arousa-Pontevedra AD Meca
    Dorna Meca Arousa AD Meca
    Bote de Carril Carril Asoc. Rompetimóns
    Loro Cambados Asoc. Unicornio
    Media Construcción Ferrol Clube de Mar
    Barco de Dornas Rios Galegos Barcas do Minho
    Batuxo Rios Galegos Barcas do Minho
    Catraia Norte Portugal Barcas do Norte
    Batel O Grove CR Mecos
    Planadora a gas O Grove Mariñeiros Pedras Negras

    CARPA INSTITUCIONAL, praza do Corgo O Grove.
    Dorna Polbeira Rías Baixas Ramón Blanco. Illa de Arousa
    Buceta Galicia CM. Reiboa. Poio
    Gamela Coruxeira Rías Pontevedra e Vigo C.M. Marisma da Ramallosa

    1. Como dí o cartel, as embarcacións estarán ata o dí a12 omde algún pola tarde escomezarán a levalas. Pero incluso poden quedar alí mais días.

      Realmente esta bonito, ide a vela.

      Fernando

  4. estou seguro que este conxunto de actos pola repercusión que estan tendo supoñen un salto importante no traballo da Federación e na divulgación de si mesma e dos seus obxectivos. Fantástica a concepcion das Xornadas e da Mostra. Cando estiven alí había un grupo de franceses asombrados que hata mediron detalles dalgún barco. Foi, para mi, hata emocionante.

  5. Ola, vin nas fotos de Mar en Picasa que unha das embarcacións de Viana tiña escrito Escola de Vela Tradicional. ¿Sabedes como funciona esta escola? É dicir, se organizan cursos, similitudes-diferencias con ACD Dorna… e indo máis aló, ¿Coñécense escolas de vela tradicional noutros países?

    1. Olá Hugo, se estás interessado em aprender e navegar na Catraia contacta a Associação Barcos do Norte ou o Clube de Vela de Viana do Castelo.
      Abraço

      1. Obrigado, mas eu estava interessao em conhecer mais o que esta a fazer a escola… embora tou a aprender com a gente da ACD Dorna (escomezei ha umas semanas) e acho importante conhecer que ha outras escolas de vela tradicional, seja na Galiza, em Portugal ou outros paises.

Comments are closed.