Ons. Mörling


Diego Torres subíu a Vimeo un documental feito por el sobre a experiencia de Staffan Mörling na illa de Ons. O documental é unha entrevista a S. Mörling acompañada de parte das gravacións feitas por Mikael Mörling a principios dos 70.
Paga a pena ver con detalle a secuencia da pesca do polbo con raña na dorna ou a forma de aparellala para velear na que o protagonista é Aurelio Otero, o sogro de Mörling (arriba na foto).
O documental foi un encargo da Fundación Massó, e desgraciadamente non se pode embeber aquí, nin descargar do sitio orixinal.
(Vía Lajareu)

Etiquetas

3 cometarios sobre “Ons. Mörling

  1. Sí hai máis. De feito este documental utiliza imaxes doutro máis antigo o cal bótase de ver ben nonsí?

    Pertence ó propio Staffan Mörling e achouse de casualidade cando se daba por perdido.

    Por certo que iso da Fundación Massó, ata onde eu sei, non existe. debe tratarse dunha equivocación. O cal comunico para os seus efectos ( linguaxe burocrática tan cara para algúns portadores de tal mentalidade)

    1. Efectivamente: bótase de menos!!!
      Preguntei no Museo Massó, onde se encargara o documental, e dixeronme que eles non teñen o documental, que só é accesible dende o enlace xa indicado de Vimeo… que cousas!

      …Suxerencias para obter o documental e máis o que se comenta do propio Staffan?

Comments are closed.