Ons, Ondas. Libro

O vindeiro mércores 13 de xuño ás 21:00 h vaise presentar no Museo Massó de Bueu o libro Ons, Ondas. Este libro recolle historias sobre a illa de Ons da familia Adán Lorenzo e relatos dos veciños da illa recompilados polos alumnos do IES Illa de Ons, e foi coordenado, corrixido e editado por Dora Siota López e Xoán Xosé Rodríguez Rivas, ambos os dous profesores de Lingua Galega e Literatura no IES Illa de Ons de Bueu.

O libro ten duas partes, unha baseada na colección de historias sobre a illa de Ons, a pesca e a familia de Adán Lorenzo, que recibe o título de “Memoria de Adán”, e outra parte, “Memoria do mar”, baseada nos relatos sobre o mar, a pesca e a navegación que alumnas e alumnos do IES Illa de Ons recompilaron entre os seus familiares, e que está organizada segundo os mares ou espazos en que se desenvolven as historias (“As rías”, “Gran Sol”, “Terranova e Ártico”, etc.).

Este é un texto de Xoán Xosé Rodríguez Rivas publicado no libro e sacado do blog da Biblioteca Illa de Ons:

Etiquetas