Orio recuperará o estaleiro de Mutiozabal


 

Acaba de asinarse un convenio entre a Diputación foral de Guipuzcoa e o Ayuntamiento de Orio para que o concello poida mercar o Estaleiro Mutiozabal. O concello ten un proxecto de restauración do estaleiro que nunha primeira fase consistirá na recuperación e consolidación do edificio para máis adiante facer do estaleiro un ente vivo onde se poidan restaurar e construír barcos e onde haxa actividades relacionadas coa educación ou o turismo.

Neste estaleiro construíuse unha réplica de chalupa baleeira feita por Francisco Carrera “Txanka” en 1990 para o Untzi Museoa. Neste Museo están os planos de barcos de baixura construídos por Txanka no estaleiro nos anos 60-70 do pasado século.

A familia Mutiozabal, propietaria do estaleiro, estivo de acordo desde o primeiro momento e axudou a que esta iniciativa chegase a bo porto. Esta familia construíu barcos desde 1775 ata 1931, sendo os principais construtores navais de Guipuzcoa no século XIX. O estaleiro Mutiozabal é o único estaleiro tradicional que queda en Guipuzcoa polo que é unha excelente noticia saber que non vai desaparecer como sucedeu con tantos outros.

Etiquetas

Un comentario sobre “Orio recuperará o estaleiro de Mutiozabal

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *