Os barcos do exilio. Libro

A revista Casa da Gramática, de Noia, publica o libro Os barcos do exilio. Este libro recolle historias de exiliados nas que os barcos son un protagonista importante, o medio polo que moitas persoas escaparon da persecución no tempo da guerra civil. 18 autores participan nesta obra, entre eles Dionísio Pereira, Bernardo Máiz e Lino J. Pazos. No índice podedes ver a lista completa.

Unha das historias é a escrita por Francisco Fernández Naval, A memoria do AS e o esquecemento dos vencidos, que o autor nos ofrece tamén no seu web e que narra a fuxida de 13 persoas da zona do Pindo logo de secuestrar o AS, un barco de Muros dedicado á compra de sardiña a flote, e o que lle aconteceu a eses homes cando chegaron a Bristol.

(Imaxes: Chisco Fdez Naval)

Etiquetas

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *