Os barcos tradicionais nas fotos de Xurxo Lobato

Xurxo Lobato, fotógrafo de recoñecido prestixio, está a seguir os eventos relacionados co noso patrimonio marítimo. Como produto dese traballo pódese ver na súa páxina web unha galería de fotos sobre o tema. Lobato non é un recen chegado ao mundo do patrimonio marítimo, entre outros traballos é o autor das fotografías do libro Xentes do mar do Grove, de Olegario Sotelo Blanco.

Agradecémoslle a Xurxo Lobato que nos dese permiso para usar aquí un par de fotos del, unha ilustrando un post anterior, e a outra a que ilustra este post, sacada en Muros mira ao mar e na que se pode ver o Joaquín Vieta e a Meca.

Etiquetas

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *