Os Contos do Mar de Irlanda chegan á “Croa da Cruña”


O vindeiro mércores 8 de outubro Xurxo Souto presenta o seu novo libro nas Portas Ártabras. No outeiro da Cidade Vella, a carón da ábsida da Igrexa de Santa María, cuxo campanario serviu durante séculos de referencia para todos os mareantes que se achegaban a este porto.

Esta presentación será a primeira da serie “Da Gaiteira a Monte-Alto. A viaxe ao Gran Sol, sen saír da Coruña”, que se desenvolverá nas vindeiras semanas en diferentes puntos da cidade. Nesta celebración da cidade-barco o autor estará acompañado por Manuel Rivas e Felipe Senén. Haberá gaiteiros, cornas e acordeón.

Etiquetas

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *