Os expertos do CSIC expoñen as súas conclusións sobre os efectos do Prestige

O Museo do Mar de Galicia continuará mañá, xoves 10 ás 20.00 horas, o ciclo de conferencias “Prestige, así están as cousas tres anos despois”, que desta volta contará coa presencia dos investigadores do CSIC Joan Albaiges e Beatriz Morales. Os dous ponentes presentarán as súas conclusións sobre as consecuencias na actualidade do desastre marítimo do petroleiro nos ecosistemas do litoral galego.

Dr. Joan Albaiges, especialista do Consello Superor de Investigacións Científicas (CSIC) e Vicepresidente da CCC. Falará sobre “O verquido do Prestige tres anos despois: coincidencias e contrastes”.
Dra. Beatriz Morales, especialista do CSIC e Presidenta da CCC. A súa charla explicará a resposta que deu a comunidade científica ante o Prestige.