Os fondos dos museos na rede

A foto de arriba que pertence aos fondos do Museo Massó, mostra o Lobeiro, un dos baleeiros de Massó e foi localizada utilizando a base de datos Colecciones en red (ceres) do Ministerio de Cultura.

Ceres é un portal que da acceso a unha base de datos de 149.000 obxectos dos que inclue 220.000 fotografías. Por sorte para nós, entre os museos que fornecen os datos está o Museo Massó, entre outras 72 institucións. O feito de poder buscar simultaneamente en varios museos permite atopar materiais que dificilmente poden chegar a ser coñecidos do gran público. Desgraciadamente ainda hai poucos obxectos na base.

Un portal similar existe en Cataluña, Museus en línia, que incorpora 6773 obxectos do Museu Marítim de Barcelona, entre eles este modelo do Tenaz de Cambados.

Tanto nun portal como no outro, hai información valiosa e fotos interesantes, pero en ambos o tamaño das fotos é reducido. Esto parece ser un costume dos museos e bibliotecas españoles, que raramente ofrecen fotos en boa resolución dos seus fondos. Esperemos que pouco a pouco estas fontes de información tan valiosas vaian medrando e incorporando fotografías de calidade.

Etiquetas