Os galeóns de Rafael Monleón

A imaxe de arriba forma parte do libro Construcciones navales bajo su aspecto artístico, realizado por Rafael Monléon, pintor e historiador naval, entre 1886 e 1892. Parece que Monleón estivo en persoa na zona de Pontevedra polo que cabe supoñer que estes debuxos sexan bastante fidedignos.

Este é o texto que acompaña os debuxos:

Galeón. Embarcación de cabotage usada en las costas de Galicia particularmente en las de la provincia de Pontevedra. Lleva dos palos con velas al tercio y suele armar cuatro o seis remos cuando las circunstancias lo exigen

Chámanos a atención o tipo de vela, xa que é puramente ao terzo e non a típica de relinga. Tamén son interesantes o tipo de obenques que usa.

Para saber máis de Rafael Monleón é unha moi boa fonte de información a conferencia Madrid, Monleón y la mar de Fernando González Canales na XVIII Semana de Estudios del Mar que organizou a Asociación de Estudios del Mar

(A imaxe pode verse ampliada clicando nela)

Etiquetas

2 cometarios sobre “Os galeóns de Rafael Monleón

    1. Este libro manuscrito foi editado en facsimil por Lundwerg e o Museo Naval en 1989. Son tres tomos de gran formato encadernados en pel e está á venta no Museo Naval, pero o prezo son 900 euros. É posible que poidas velo nalgunha biblioteca.

Comments are closed.