Os Galos amplía as actividades programadas no XV Encontro de Bueu

Os Galos amplían a oferta de actividades no XV Encontro e incluen a proxección o sábado 20 de material de video e fotográfico sobre o seu traballo estes anos. A proxección terá lugar na praza de abastos muncipal entre as 23:00 e a 1:00 horas da madrugada.
Entre o material que se vai proxectar está o documental ‘O bote polbeiro de Bueu’ realizado e dirixido polas xornalistas morracenses Cristina Chapela e Diana Bernárdez. Así mesmo se proxectarán vídeos e fotografías de singladuras pasadas como a participación dos Galos en Brest08.

Estes días as travesias que organiza a mesma asociación están a ter un éxito notable, cunha media de mais de 12 persoas diarias inscritas, con procedencia de Madrid, Castilla y León, Murcia, País Vasco, Cataluña e Galicia. Debido ao éxito da iniciativa aumenta o número de prazas disponibles a 26 ao incorporarse o galeón Ave de Paso, de Fidel Simes.

Tamén está aberta a mostra ‘Carpintería de ribeira e embarcacións tradicionáis’ na sala Amalia Domínguez (arriba na foto), onde se pode mercar a camisola do Encontro e o número deste ano da revista Os Galos.

Etiquetas