Os Galos. Revista nº 2

Os Galos acaban de editar o número 2 da súa revista. Este número confirma a boa saude da revista e a calidade do equipo que a leva adiante. Entre os seus contidos poderedes atopar un traballo sobre as asociacións da zona que están directamente ligadas ao mar, outro sobre a situación actual e futuro da carpintería de ribeira en Galicia, un repaso moi completo aos mastros e velas nos barcos de gran porte, varios testemuños do pasado de Bueu, unha potente sección literaria que inclue os traballos escolares premiados no Concurso de Literatura Mariñeira Bueu 2008, e varios traballos máis. E se esto fose pouco tamén inclue moitas viñetas de Luís Davila, que de seguro vos farán rir un pouco.
A revista de 48 páxinas está editada con coidado, cunha notable maquetación, abundantes fotografías en cor, e cun prezo de 3 euros.
Esta publicación é a mostra de como traballando sobre o entorno próximo se pode facer un produto de calidade que interesará a xente de calquera parte.
Para adquirila podedes contactar cos Galos ou achegarvos ao XII Encontro de Bueu.

Etiquetas