Os Galos. XI Encontro e nova revista


Acabamos de subir unhas fotos que nos enviaron Os Galos do XI Encontro de Bueu.
No marco do Encontro presentouse o número 1 da revista Os Galos. Nas súas 50 páxinas recolle material moi interesante: A historia da formación dos Galos, o X Encontro (2006), un repaso polos tipos de embarcacións e velas tradicionais, un artigo de Staffan Mörling sobre unha especie de gamela sueca, un artigo sobre as traiñeiras, outros sobre un choupan recuperado, o estaleiro de Purro, Johan Carballeira, unha notable sección literaria, unha entrevista a unha redeira de 96 anos, ou un interesante artigo sobre a actividade lúdica no mar que recolle as normas da regata de polbeiros do ano 31.
Quen estea interesado pode conseguir este número polo prezo de 3 euros contactando cos Galos en galosbueu@yahoo.es.

Etiquetas