Os marcos do mar. Fotografías

Desde hoxe está aberta a exposición Os marcos do mar do fotógrafo Marcos Rodríguez no Museo Fundación Fernando Blanco, en Cee.

Esta exposición, composta de vinte fotografías, vira arredor do mar, das paisaxes marítimas da Costa da Morte, e poderá contemplarse ata o vindeiro 28 de febreiro de 2013 no horario de apertura do museo (de martes a sábado, de 9:30 a 13:30 e de 17 a 19 horas).

No web de Marcos Rodríguez, que recomendamos visitar, ademais de galerías sobre bodas, retratos, viaxes ou moda, hai unha abundante mostra do seu traballo sobre a Costa da Morte.

(Vía Que pasa na Costa)

Etiquetas