Os pósitos de pescadores: do Antigo Réxime á IIª República. Unha iniciativa conciliadora?

Dionísio Pereira ven de publicar no último número da revista Minius o artigo Os pósitos de pescadores: do Antigo Réxime á IIª República. Unha iniciativa conciliadora? O autor fai un repaso do nacemento dos pósitos de pescadores e da súa evolución durante a IIª República, poñendo de manifesto que a evolución dos pósitos antes da Guerra Civil parece poñer en cuestión o seu caracter conciliador.

Este artigo naceu do Ciclo de Conferencias O mar na historia, que foron organizados polo Departamento de Historia, Arte e Xeografía da Universidade de Vigo en 2012. No mesmo número 21 de Minius aparecen outros artigos coa mesma orixe e que tratan temas tan interesantes como A Galicia medieval e o mar; A política naval, corsarios e armadas na Galicia moderna; Un balance da arqueoloxía subacuatica en Galicia; Os perigos da navegación e as prácticas máxicas para solventalos e a Historia da cartografía náutica de Galicia.

(Imaxe: Representantes dos Pósitos da zona de Ferrol en outubro de 1931, tomada de Ondas de irmandade II)